Aprobado o proxecto para unir Valbón co núcleo de Santo Antoniño
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ea7/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6450e2f40d-02-vial_valbon_2.jpg)
© Concello de Barro
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f27/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6450e60990-03-vial_valbon_1.jpg)
© Concello de Barro
A Xunta de Goberno local do Concello de Barro aprobou o proxecto que une o lugar de Valbón, na parroquia de Agudelo, co núcleo urbano de Santo Antoniño a través dun novo vial que cruzará o río Areal por unha ponte que xa existe e que non ten saída na actualidade.
A actuación prevista consiste na construción dunha nova estrada e da súa total urbanización, coa creación de dous carrís de circulación, de senllas peonís e dos servizos de pluviais, iluminacións e saneamento.
Segundo o goberno local, a obra permitirá conectar tamén a rede de saneamento do lugar de Valbón coa depuradora, ademais de permitir a ampliación da rede en todo o lugar.
O proxecto ten un orzamento total superior a 174.986 euros, que serán financiados a través do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra.
Xosé Manuel Fernández Abraldes, alcalde de Barro, considera que esta actuación é moi importante para mellorar a conexión do Camiño de Santiago co centro urbano.