Xuntos por Barro, o partido do ex alcalde Landín Eirín, presenta a súa lista ás municipais
Por Redacción
José Antonio Landín Eirín presentaba este domingo a lista do seu partido Xuntos por Barro coa que se presentará, de novo, ás eleccións coa intención de recuperar a alcaldía, tras a súa ruptura co Partido Popular.
A candidatura deste partido independente está integrada por dez veciñas e nove veciños que se mostran dispostos a traballar "de sol a sol" e con "moita modestia" para escoitar todas as peticións das persoas residentes no municipio.
Ademais de Landín Eirín, a lista está integrada nos seus primeiros postos por Mayte Ceresuela Fernández, José Suárez Vázquez, María del Carmen González García e Emilio Martínez Ramírez.
O ex alcalde afirma que ten un programa electoral con puntos importantes para a cidadanía de Barro como potenciar a rede de saneamento a todas as vivendas, dotar de máis solo industrial ao municipio e realizar unha revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal.