Luisa Lores propón unha repoboación de árbores en Pontevedra
Luisa Lores, candidata do partido político Podemos, solicita unha repoboación forestal coa finalidade de mellorar a calidade do aire, diminuír o risco para a saúde e de embelecer a cidade.
O motivo principal desta proposta é a mellora da calidade do aire: "é importante plantar árbores nas áreas urbanas, especialmente nas cidades onde o aire pode estar máis contaminado, para filtrar o aire e reducir a cantidade de gases tóxicos no aire que respiramos" expón Lores.
Ademais de que asegura que as árbores axudan a que a cidade estea máis fresca, sobre todo cando hai ondas de calor: "pode haber unha diferenza de ata vinte graos entre unha praza con e sen árbores", destaca Lores.
Aparte da replantación, tamén hai que coidar as árbores plantadas e os que se planten. A candidata de Podemos sinala que é importante plantar, coidar, podar e limpar as follas durante o outono para manter as árbores en bo estado todo o ano.
Finalmente, Luisa Lores conclúe destacando a importancia de cumprir cos obxectivos do Pacto Verde Europeo, xa que actualmente "no ensanche de Pontevedra existe escaseza de zonas verdes e moitos edificios, o que fai aínda máis importante a necesidade de levar a cabo unha repoboación forestal na cidade".