O Ministerio de Transportes confirma os avances no proxecto de reforma da N-640 en Cuntis
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e a concelleira Conchi Campos trasladáronse esta semana a Madrid para manter un encontro co secretario xeral de Infraestruturas, Javier Flores García, no Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana.
Neste encontro os responsables estatais confirmaron que está en marcha a redacción do proxecto de mellora e mantemento da Nacional 640 ao seu paso polo termo municipal de Cuntis. Trátase dunha reforma que afecta a outros municipios da comarca na que se prevé investir preto de 10 millóns de euros e que xa está case lista para a súa licitación.
Ademais Manuel e Conchi Campos recibiron información sobre a variante de Portela, ao estar o goberno central traballando na contratación da declaración de impacto ambiental e do seu proxecto construtivo. Neste caso a previsión é investir máis de 42 millnes de euros no vial entre Castro Loureiro e Portela, unha actuación pensada para acabarcon o perigo deste vial.
"Esta variante ten xa aprobado un estudo informativo e o que están tramitando son os proxectos para a declaración de Impacto Ambiental", apuntou Manuel Campos resaltando a importancia do proxecto para Cuntis ao mellorar a comunicación coa Estrada e porque afecta directamente o desenvolvemento do polígono industrial de Cuntis.
Relacionadas:
-
O subdelegado do Goberno e o alcalde analizan a necesidade de reforzar o mantemento da N-640 en Cuntis
Por Redacción |
-
O Ministerio licita o contrato de mellora da nacional N-640 ao seu paso por Cuntis e Caldas de Reis
Por Redacción |
-
As curvas de Castroloureiro e a estrada da Portela, os 'puntos negros' da rede viaria de Cuntis
Por Redacción |