Gómez Noya, visita de luxo no CEIP A Laxe
Por Redacción
O CEIP Plurilingüe da Laxe recibiu este venres unha visita de luxo co cinco veces campión do mundo de tríatlon Javier Gómez Noya. O alumnado participou grazas á Fundación 'Pho3nix Kids Triathlon by Javier Gomez Noya' nunha serie de probas e actividades deportivas no centro co equipo da fundación e co triatleta.
Segundo indicou Gómez Noya, o obxectivo "é que os nenos e nenas poidan comezar a experimentar co deporte, adquirir hábitos saudables e os valores fundamentais que transmite. O deporte non só é esencial para a saúde física, senón tamén para a saúde mental e como forma de educación dos máis pequenos".
Con esta filosofía naceu o proxecto e así crear probas específicas para os máis pequenos, adaptadas para que se divirtan, aprendan e teñan unha primeira toma de contacto cun deporte tan dinámico e completo.
Outras das cousas que queren a través desta fundación é que vivan unha boa experiencia e isto lles axude a facer deporte, hábitos saudables e valores como o compañeirismo, o xogo limpo e o esforzo por acadar un obxectivo "porque estamos convencidos de que estas leccións e hábitos saudables lles axudarán no futuro, tanto dentro como fóra do deporte", explicou.
O CEIP Plurilingüe da Laxe fomenta o deporte a través de iniciativas como estas e na súa práctica diaria establecendo rutinas en todas as aulas e todos os días da semana
Desde o colexio agradecen a visita de Gómez Noya para que "o noso alumnado puidese desfrutar desta oportunidade, xa que un campión do mundo merece profunda admiración e respecto, xa que detrás destes títulos hai moito esforzo e dedicación", indicaron.
Relacionadas:
-
Pontevedra repetirá en 2025 como sede do Mundial Multideporte de tríatlon
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya, Mario Mola e Jonathan Brownlee caen da lista de saída para a Copa do Mundo de Tríatlon de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A ITU despide a Gómez Noya tras o seu paso á longa distancia como "un dos triatletas máis destacados da historia"
Por Redacción |