A ITU despide a Gómez Noya tras o seu paso á longa distancia como "un dos triatletas máis destacados da historia"
Por Redacción
A Federación Internacional de Tríatlon (ITU) quixo render unha pequena homenaxe a Javier Gómez Noya tras poñer punto e final á súa etapa na modalidade olímpica.
O triatleta galego deu o paso para competir na longa distancia pechando unha etapa nas Series Mundiais ITU que acaba como o triatleta máis laureado da historia con cinco título mundiais.
"Javier Gómez despídese como un dos triatletas máis destacados da historia", sinala a Federación engadindo que nas súas máis de 100 carreiras no Mundial de tríatlon sumou ata 45 vitorias e 80 podios, cunha porcentaxe absolutamente espectacular á que se suma a súa medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012.
Na súa sinxela homenaxe a Federación comparte ademais declaracións do propio Gómez Noya, nas que recoñece que "competín cos triatletas máis talentosos do mundo, de diferentes xeracións, coñecín xente incrible e síntome honrado de ser o atleta con máis títulos mundiais e máis vitorias no deporte. Foi unha viaxe incrible e gustaríame agradecer a todos os que formaron parte del".
Javier Gomez bows out as one of the most distinguished triathletes in the history of #Triathlon.
— World Triathlon (@worldtriathlon) January 11, 2022
5X World champion@Olympics silver medallist
100+ race starts
80+ podiums
45+ wins
Congratulations on an extraordinary World Triathlon career @Jgomeznoya https://t.co/5ntmLVITqK
Relacionadas:
-
Gómez Noya, visita de luxo no CEIP A Laxe
Por Redacción |
-
Cartel de luxo para a Copa do Mundo de Tríatlon de Pontevedra con Gómez Noya, Mario Mola e Jonathan Brownlee na lista de rexistrados
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya renuncia ao Mundial Ironman tras contaxiarse de covid: "Está a golpearme bastante forte"
Por Diego Espiño |
-
Javi Gómez Noya e Pablo Dapena cambian de adestrador
Por Redacción |
-
Gómez Noya coróase no Ironman 70.3 de Pucón
Por Almu Dapena |
-
Chile, primeira parada do ano para Javi Gómez Noya no seu paso á longa distancia
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya fixa como obxectivo para 2022 o "Campionato do Mundo Ironman no mes de maio"
Por Diego Espiño |