Repoñen catro camelios da Ferrería que estaban "totalmente secos"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Operarios do servizo municipal de Parques e Xardíns iniciaron este xoves os traballos para repoñer catro dos camelios da Praza da Ferrería.
As árbores, segundo destacan desde o Concello, quedaran "totalmente secas".
Dúas son camelios son exemplares de gran porte e espectacularidade que estaban na parte superior da praza e outras dúas, dunhas dimensións algo inferiores, están na zona baixa.
Con todas estas novas árbores, o Concello busca optimizar a calidade paisaxística da praza.
Estes traballos complementan á renovación das zonas verdes que rodean á Praza da Ferrería, onde se actuou nas áreas axardinadas da Praza da Estrela ou nos Xardíns de Casto Sampedro.