Eliminan un punto de vertedura contaminante á ría en Lourido
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Augas de Galicia e Concello de Poio verificaron nunha recente inspección conxunta a eliminación dun punto de vertedura á Ría de Pontevedra en Lourido.
A vertedura en cuestión procedía dun domicilio particular da rúa Monte Saíñas, que realizaba unha achega de augas residuais sen depuración previa e directamente á ría.
Tras detectarse este punto contaminante instouse o propietario do domicilio a conectarse á rede de saneamento municipal, algo que xa cumpriu.
Segundo informa a Xunta de Galicia, actualmente mantense un especial coidado nestes asuntos, que poden afectar aos ámbitos fluviais e marítimos causando graves problemas á fauna e á flora do lugar, ademais de aos habitantes destas zonas.