Advertencia das primeiras manchas de mildio nas viñas
A Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA) da Deputación de Pontevedra advirte das primeiras manchas de mildio nas viñas e recomendan comezar a realizar revisións.
O centro suxire iniciar a revisión dos predios tendo en conta as condicións meteorolóxicas, que as máis recomendadas son sen precipitacións. A planta ten que estar seca, poderíase engadir un mollante para facilitar que se adhira o funxicida. Ademais non debería haber ventos dunha velocidade superior a 3 m/s (10,8 Km/h) para que o produto non sexa arrastrado fóra da viña.
As predicións metereolóxicas para estes días son de alternancia de choivas e períodos de claros. A EFA tamén recomenda estar alerta ás previsións diarias e iniciar a revisión cando as condicións climatolóxicas o permitan.
O centro asegura que nestes días aparecerá a primeira mancha nas viñas e que o desenvolvemento da vexetación ou de aireación pode variar.