Cambios na normativa de circulación de Vilagarcía a partir deste 11-A
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/db5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6435273358-340127277_239299785241212_6888596779942397045_n.jpg)
© Concello de Vilagarcía - Arquivo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/091/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64352694a3-335238543_9044394915635161_8929884341651297507_n.jpg)
© Concello Vilagarcía de Arousa
O Concello de Vilagarcía estrea hoxe, martes 11 de abril, novas normas de regulación de tráfico. As principais afectadas son a rúa Arcebispo Lago e todas aquelas que conectan coa mesma: Brandariz, Castelao, O Castro e Conde de Vallellano.
Coa fin de converter a rúa Arcebispo Lago nun paso peonil, os vehículos deberán acceder a partir desta xornada por Alexandre Bóveda e saír por Conde de Vallellano. Segundo o Concello, esta nova normativa permite gañar preto de 2.000 metros cadrados de uso peonil.
De xeito paralelo entra en vigor a nova ordenación do mercadiño ambulante que poderá instalar algúns postos no inicio da rúa Arcebispo Lago. Durante os días de mercado, só se admitirá a circulación dos vehículos por Conde de Vallellano.
O Concello lembra que en todo caso será admitida a circulación dos vehículos ligados aos oito garaxes da zona, á carga e descarga en horario de 07:00 a 11:00 e de 15:00 a 18:00 horas e aos servizos de emerxencia, sanidade e seguridade. O goberno local roga a toda a cidadanía o estrito cumprimento da nova normativa.