Folga das traballadoras de H&M, que pechan a tenda de Benito Corbal e concéntranse para difundir as súas reivindicacións
Por Redacción & Cristina Saiz
As traballadoras da tenda de H&M en Pontevedra, ao igual que as de Vigo, mobilizáronnse este sábado no exterior do establecemento da rúa Benito Corbal con motivo da xornada de folga convocada para reclamar o cumprimento do convenio colectivo.
A folga mantivo pechada a tenda, que as traballadoras tamén encheron coas súas reivindicacións, e na concentración realizada no exterior contaron co apoio de representantes do sindicato CIG ao berro de "H&M non respecta o noso convenio".
As afectadas convocaron inicialmente dous días de folga, pero finalmente tan só se mobilizaron este sábado, pois no último momento desconvocaron o paro previsto para o pasado sábado 1 de abril unha vez que a empresa confirmou que cumpriría unha parte das súas reivindicacións. Mantiveron a convocatoria para este sábado á espera de lograr o resto dos seus obxectivos.
Así, tal e como informou a central sindical CIG, que lidera a loita sindical neste tenda, lograron que se cumpra o convenio colectivo, actualizar os salarios e os pluses e que a empresa abone os atrasos pendentes, pero non incrementos de soldo e que se aumenten as xornadas a 40 horas semanais como recolle o convenio, que obriga a ter un 75% de contratos a tempo completo.
Dende CIG-Servizos salientaron o compromiso, a unidade e a implicación das traballadoras, xa que que "grazas a esta convocatoria fomos quen de avanzar de xeito considerable na mellora das condicións laborais".
Relacionadas:
-
A CIG alerta da situación de emerxencia social que vive o país pola precarización laboral
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
'Paremos o saqueo', lema da CIG para a manifestación do 1º de maio reivindicando a acción sindical de "confrontación"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O persoal desconvoca un día de folga en H&M tras confirmar a empresa que actualizará salarios e pagará atrasos
Por Redacción |
-
As traballadoras de H&M de Pontevedra van á folga este sábado ante os quebrantamentos do convenio
Por Redacción |