Pontevedra, a provincia galega con máis fondos europeos para proxectos de rehabilitación de edificios públicos
Por Redacción
Pontevedra é a provincia galega que máis proxectos vai sacar adiante con cargo a Liña 2 do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para Entidades Locais (PIREP local), financiado con fondos europeos Next Generation.
A resolución publicada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana sitúa á provincia de Pontevedra como a oitava de España que mais recursos vai recibir e a sétima que máis proxectos vai acometer.
Os 10.474.360,13 euros acadados supoñen o 50,17% do importe total concedido a Galicia, segundo a información facilitada pola Deputación de Pontevedra.
Dos 15 proxectos financiados na comunidade autónoma, sete de eles están localizados na provincia de Pontevedra.
Ademais recibe o 3,81% de todos os recursos estatais. A nivel estatal, en canto a fondos, tan só ten por diante só a Barcelona (33.175.496 euros), Murcia (21.861.203,29), Madrid (16.168.410,21, Alacante (11.336.475,69), Valencia (11.081.097,25), Almería (10.881.634,77) e Huesca (10.740.321,39 euros).
Estes fondos europeos van permitir á propia Deputación realizar as obras de consolidación, restauración e interconexión mediante o subsolo dos edificios centrais do Museo de Pontevedra situados na Praza da Leña, que recibe un total de 3 millóns de euros, é dicir, a máxima subvención desta liña 2 do PIREP, para o seu desenvolvemento.
Tamén haberá fondos para a rehabilitación do antigo CEIP de O Cruceiro-Villalonga en Sanxenxo, 1.955.100 euros.