'A masculinidade (arcaicamente entendida) prexudica seriamente a saúde'. É o título que puxemos a esta edición de 'A min tamén me pasa' e é igualmente a máxima que desenvolvemos debido a que as condutas que tradicionalmente se asociaron a ser un home teñen unha relación directa coa brecha de xénero na esperaza de vida.
Carlos Márquez Barros, psicólogo con perspectiva de xénero, exponnos que condutas asociáronse tradicionalmente á masculinidade porque "os nenos homes, desde moi temperá idade, reciben todas as prohibicións do que non poden ser para poder ser homes".
Unha identidade que, supostamente, debe conlevar unha frialdade física entre os homes; "o contacto físico entre moitos mozos heterosexuais está prohibido porque se expresa un afecto maior do debido poden crer que é marica", e con ésto anúlanse sentimentos, é dicir aplican o "estoicismo emocional".
Durante o podcast expón unha cuestión cuxa resposta é un dos graves problemas na sociedade actual: "por que un home castiga ao marica ou ataca á muller que se desmarca do seu rol asignado?, pola frustración e ese sacrificio contínuo de renuncia e por iso castiga a quen se permite non prohibirse ser". Resultado da ecuación: o acoso.
O programa completo pode escoitarse na ligazón que se adxunta e pódese descargar desde a web de PontevedraViva Radio para escoitalo en calquera outro momento.