A sentenza do Tribunal Supremo sobre ENCE, a debate na UNED da man de Patricia Vilán
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A recente sentenza do Tribunal Supremo sobre ENCE que valida a prórroga da empresa para permanecer en Lourizán será protagonista dunha cita no Centro da UNED en Pontevedra: unha conferencia protagonizada pola avogada e ex deputada socialista Patricia Vilán.
Será o 14 de abril, a partir das 18 horas, no salón de actos da UNED en Monte Porreiro.
A actividade divulgativa, promovida polo departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, busca realizar unha análise dos aspectos máis relevantes da sentenza desde unha perspectiva estritamente técnico-xurídica.
A presentación da conferenciante correrá a cargo de Víctor M. González Sánchez, director do Centro Asociado en Pontevedra e do Campus Noroeste da UNED.
Esta conferencia enmárcase tamén nas actividades que desde a dirección do centro están a levarse a cabo ao longo deste ano en coincidencia conmemorativa coa celebración do 50 aniversario do inicio da actividade da UNED en Pontevedra.