A Xunta autoriza a extracción de miñocas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A extracción de poliquetos -vermes mariños para cebo- con carácter comercial poderá desenvolverse dende este xoves ata o 31 de decembro de 2014, de acordo ao que establece a orde pola que se aproban os plans para a explotación dos poliquetos en Galicia, que publica o Diario Oficial de Galicia (DOG).
O Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2014 establece que as entidades asociativas do sector poden contemplar zonas para que os titulares de licenzas de pesca marítima de recreo en superficie poidan capturar un máximo de 50 poliquetos ao día, sen interferir coa actividade extractiva.
O obxecto da norma publicada este xoves é aprobar os 21 plans de explotación para poliquetos, miñocas, fundamentalmente, para o ano 2014, que foron elaborados polas entidades asociativas do sector, e regular as solicitudes e o prazo para a súa captura para empregalos como cebo nas embarcacións de pesca.