O Ganapán, unha propuesta de viaxe gastronómica en tempada de Pascua
A concellería de Promoción Económica realizará unha programación especial: O Ganapán, unha iniciativa de lecer infantil orientada á temática de Pascua. Este proxecto iniciarase o día 1 de abril e finalizará o 9 de abril no Gastroespazo do Mercado de Abastos no horario de 11:30 a 13:30 horas.
A iniciativa está dirixida aos nenos de 4 a 10 anos. Durante os talleres poderán elaborar orellas de coello, galiñas ou biscoitos de Pascua, entre outras opcións gastronómicas.
A proposta de Yoya Blanco, concelleira socialista, comeza o sábado 1 con talleres nos que os participantes realizarán unha versión vegana do biscoito de cenoria e un cono de cenoria porta lambetadas.
O domingo 2 farán unha marioneta do coello de Pascua, ademais de que "viaxarán" pola gastronomía grega ao probar os doces tradicionais: a koulourakia e as galletas gregas.
O 3 de abril elaborarán tostadas de leite ao forno e unha galiña de Pascua. O martes farase unha chiscadela ás Fallas ao cociñar as monas de coresma valenciana e tamén confeccionarase unha careta de coello.
Ao finalizar esta xornada estarase no ecuador do programa, no que as alpisteras andaluzas e os brazaletes de Pascua serán os protagonistas dos talleres.
O xoves 6 os máis pequenos cociñarán unhas orellas de coello e realizarán unha Coroa de Pascua e o venres elaborarán rosquillas de nata e unha caixa de ovos de Pascua.
No penúltimo día do programa os nenos realizarán un bizcochón de Pascua, ademais dun ovo sorpresa.
Para finalizar coa programación confeccionarase un colgante e cociñaranse as galletas de vainilla 'ovo de Pascua'.
As persoas interesadas en asistir teñen que inscribirse contactando co email oganapan@gmail.com. Neste correo débense comunicar alerxias ou intolerancias.
Yoya Blanco lembra que "ninguén esqueza a friameira para poder levar á casa as deliciosas receitas elaboradas, de xeito que tamén as nosas familias poidan viaxar con nós probando os doces de Pascua de diferentes culturas e lugares".
Relacionadas:
-
Madalenas de arandos e galletas crinkles, os protagonistas desta fin de semana en O Ganapán
Por Alba Feijoo Alonso |
-
O Ganapán encherá de animais a Boa Vila con linguas de gato e tartarugas de madeira
-
Maruxas de nata, superheroes e superheroínas de pau, próximos protagonistas de 'O Ganapán'
Por Rosalía Rico Otero |
-
Paninis de cabaza e queixo de cabra saborosos esta fin de semana no Ganapán
-
Un toque italiano en 'O Ganapán' esta fin de semana