Amplían en seis meses o prazo de execución do novo vial de Montecelo
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou ampliar o prazo de execución das obras do novo vial do Hospital de Montecelo.
Segundo informou a concelleira portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, a obra tiña un prazo de execución de 12 meses pero a empresa concesionaria Elsamex solicitou unha prórroga de seis meses máis.
Os motivos que aduce a empresa son dúas: por unha banda, esgrime as desfarorables condicións meteorolóxicas que xeraron dificultades nos movementos de terra, por outra banda tamén argumenta que houbo que acometer unha serie de obras de drenaxe das tubaxes que estaban non previstas inicialmente.
Esta obra fora adxudicada por 1.161.479 euros.
CAMPO DE FUTBOL DE SALCEDO
Por outra banda, Anabel Gulías tamén informou que o Goberno local aprobou o novo convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para acometer as obras do campo de fútbol de Salcedo. Este trámite é necesario debido ao incremento do prezo. Ambas as institucións asinasen o novo convenio nos próximos días para sacar a licitación a obra.
"Insistimos en que esta é unha obra prioritaria, por iso axilizamos na medida das nosas posibilidades os trámites administrativos", sinalou Gulías. "Asinamos hai semanas a resolución de inicio do proceso de contratación pero era necesario facer un novo convenio entre adminisitracións polo incremento do custe das obras, que queda en 1.978.084,54 euros, polo que era preciso a aprobación deste novo paso. Así, podemos anunciar que nos vindeiros días sairá o anuncio de licitación para o novo campo de fútbol de Salcedo".
Ademais desta cuestión, a portavoz informou da aprobación da primeira licenza na ampliación do polígono do Vao, que será dada á empresa Norauto. "Avisamos de que iamos dar as primeiras licenzas dos establecementos que van ocupar as naves de Ponteno, no polígono do Vao, na parroquia de Campañó, e aquí está a primeira", explicou. "Ao longo dos vindeiros días serán sacadas as que conformarán a nave máis grande".
Relacionadas:
-
Domínguez ve "moi grave" deixar sen acceso aos propietarios das leiras do vial de Montecelo
Por Redacción |
-
Aprobadas, por procedemento de emerxencia, as obras na rúa Eduardo Pondal á altura do número 22
Por Anxo Lourido |
-
Así é o búnker do Gran Montecelo que albergará os dous aceleradores lineais que a Xunta adquiriu por máis de catro millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Lores critica que a Xunta non busque alternativas máis "asequibles" a un aparcamento de pago en Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
O Gran Montecelo, a polo noveno piso
Por Redacción |
-
Seis meses cun único carril na estrada entre Príncipe Felipe e Montecelo
Por Redacción |