O Concello de Ponte Caldelas aproba o plan de dotacións para albergar un auditorio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O último pleno do ano en Ponte Caldelas permitiu que se aprobase de xeito definitivo e por unanimidade de todos os grupos políticos o Plan Especial de Dotacións na rúa Valdarrosa. Desta forma, queda aberta a vía para que este espazo albergue no futuro a construción dun auditorio, infraestrutura moi demandada tanto por entidades culturais e veciños do concello.
A Xunta de Galicia deu o visto e prace para este Plan Especial de Dotacións e agora este acordo no Pleno extraordinario faculta ao alcalde Perfecto Rodríguez para iniciar o expediente de expropiación de mutuo acordo coa Comunidade de Montes de Cuñas, propietaria dos terreos. O rexedor intentará alcanzar un prezo xusto para a adquisición dos terreos ao longo de 2014.
Durante a celebración do pleno adxudicouse o contrato do Servizo de Axudas non Fogar (SAF) á empresa Pedroso y Rojas, S.L. que ofrecerá un total de 240 horas mensuais sen custo en centros de día para acoller persoas en situación de emerxencia social.
Por último, aprobouse a modificación puntual da Ordenanza Reguladora do Servizo do Mercado de Abastos.