Un brinde das autoridades cos Mareantes inaugura a carpa de San Patricio
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/9aa/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/641316faea-20230316-patxot-san-patricio-1451.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0c0/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/641317270e-20230316-patxot-san-patricio-1436.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d23/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6413172d74-20230316-patxot-san-patricio-1437.jpg)
© Mónica Patxot
Este xoves 16 de marzo tivo lugar o acto inaugural da carpa ubicada en Praza España con motivo da celebración de San Patricio, da man do clube de rugby Mareantes. O acto contou coa participación de representantes de todos os partidos políticos da corporación municipal.
A carpa permanecerá aberta os días correspondentes ao evento ata o domingo 19 de marzo ás 17:00 horas. O derradeiro día, segundo declarou Roberto Juncal, presidente do clube de rugby Mareantes, levarase a cabo unha sesión vermú.
O mércores celebrouse o primeiro concerto da man de Ariadna Santa e este xoves están previstas as actuacións de Mad Martín ás 20:00 horas e Mr.Magoo ás 22:00.
Juncal explicou que nesta iniciativa participan os pais dos xogadores do clube, a directiva e os membros do equipo que se organizarán en quendas rotativas para poder ofrecer o mellor aos asistentes.
Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica, insistiu en que "agardamos que sexa unha fin de semana de cervexa, comida e bo ambiente". Pola súa parte, Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde do Concello de Pontevedra, afirmou que este evento era "xa un clásico da cidade de unir a cervexa con Galicia e co rugby".
Tamén quixo incidir en que o máis importante "é a colaboración cun equipo de rugby que necesita apoios económicos para poder subsistir" e indicou que esta iniciativa era unha forma divertida e agradable de facelo.