Unha nova cadea de alimentación chega a Pontevedra: o supermercado Día de Alba pasará a ser Alcampo
Por Redacción
Alcampo sumarase á lista de cadeas de alimentación con establecementos en Pontevedra. Tras adquirir 224 supermercados a Grupo Día e dúas naves loxísticas en toda España, pasará a cambiar o nome a algunhas das tendas e en Pontevedra tocaralle á localizada na parroquia de Alba, en plena estrada N-550.
En Galicia serán 23 e na provincia de Pontevedra, sete. Ademais do Día de Pontevedra, pasarán a ser Alcampo o situado na estrada de Cambados Torres San Cibrán en Vilagarcía e o situado no lugar de Viquiño en Sanxenxo. Tamén outros en Cangas, Vigo e Mos.
A operación de compra, autorizada pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia de España, supoñerá que a transferencia dos centros se empezo a desenvolver nos próximos días e prevese que estará finalizada en xullo.
Os máis de 3.300 empregados dos novos centros iranse integrando progresivamente nos equipos de Alcampo a medida que se transfiran os centros.
Esta operación suma unha superficie de vendas aproximada de 170.000 metros cadrados e deixa a Alcampo con 539 tendas, das que 80 son hipermercados e pequenos hipermercados e 459 supermercados (131 deles en réxime de franquía). Tamén ten 53 gasolineiras e un persoal de máis de 23.000 persoas.