Andarela Asociación Cultural pon en marcha un roteiro para coñecer as Pirámides de Sanxenxo
O próximo 26 de marzo realizarase unha andaina polo Chan da Gorita, nos altos do monte de Sanxenxo, co obxectivo de visitar as Pirámides e ver as mámoas e os cons. A saída será ás 10:00 horas e realizarase desde o cruzamento do punto limpo de Sanxenxo (Padriñán).
O roteiro contará coa explicación de Pepe Álvarez, que achegará información acerca de elementos como as mámoas, que foron construídas hai uns 6.000 aínda que moitas están todavía por descubrir, explican desde a Asociación.
Outro dos obxectivos do roteiro é ver o mar desde o Con da Ventureira e visitar a Pedra Cabalaria. O roteiro ten unha duración de tres horas e é apta para os máis pequenos (non para carriños) e para cans.
Desde Andarela Asociación Cultural convidan as asociacións culturais da zona para asistir e recomendan levar roupa de abrigo, calzado cómodo e auga. Non é necesaria inscrición previa.