Detectan un condutor que dá positivo en alcoholemia tras romper o cárter do coche contra a beirarrúa
Por Redacción
Un condutor foi sorprendido dando positivo no control de alcoholemia tras sufrir un accidente de circulación na rotonda de José Malvar. O vehículo saíase da vía e danaba o cárter contra o bordo da beirarrúa. Unha patrulla da Policía Nacional, que patrullaba pola zona durante a madrugada deste sábado 28, alertou a Policía Local que compareceu no lugar. Someteu o condutor á proba de alcoholemia e ofreceu un resultado de 0,75 mg/l. O acompañante sufriu lesións nas cervicais e foi trasladado ao Hospital Domínguez.
Tamén a Policía Local recibiu o aviso dun condutor que ofrecía síntomas de conducir baixo os efectos do alcohol no ámbito da Praza de Barcelos. Os axentes localizaron, minutos máis tarde, o vehículo na rúa Cruz Vermella pero sen que o condutor se encontrar no interior. Tras realizar un percorrido pola zona, logran identificalo pero sen que haxa testemuñas que puidesen recoñecelo como o condutor visto na zona de Barcelos. Tras someterse a un control de alcoholemia preventivo, dá resultado positivo e faise cargo do vehículo un acompañante. Neste tipo de casos, segundo informa a Policía Local, non existe ningún tipo de sanción ao non se poder demostrar que se trataba do condutor que daba síntomas de conducir ebrio.