"As pensións non se tocan", a demanda da CIG no Día da Clase Obreira Galega
Por Mónica Patxot & Redacción
A praza da Peregrina encheuse este venres de reivindicación con motivo do Día da Clase Obreira Galega. A CIG organizou de forma simultánea manifestacións en todas as cidades galegas unha concentración para conmemorar este día e aproveitou para defender o sistema de pensións e reclamar máis emprego e mellores salarios e servizos. No caso de Pontevedra, decenas de persoas déronse cita neste céntrico punto da cidade a partir das oito da tarde.
Desde o sindicato critican que as medidas postas en marcha polos gobernos de España e Galicia resultan insuficientes para afrontar a crise, mentres o capital está a sacar proveito da inflación.
A concentración, marcada pola choiva persistente que caeu en Pontevedra a esa hora, serviu tamén para mostrar o rexeitamento á reforma das pensións, que ampliarán o seu período de cálcilo aos últimos 30 anos. Denuncian ademais que a pensión media en Galicia é de 930 euros, por baixo do salario mínimo. Para iso, usaron, nunha das súas faixas, o lema "As pensións non se tocan".
Por todas esta e outras razóns, a CIG chama a manter a mobilización ante a patronal e os gobernos para dar resposta a unha realidade económica en social extrema, que está a ter un forte impacto na sociedade.
Relacionadas:
-
'Paremos o saqueo', lema da CIG para a manifestación do 1º de maio reivindicando a acción sindical de "confrontación"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
“Falar con maquinitas é un ‘rollo’ porque nin nos entenden elas nin as entendemos nós”
-
A CIG acusa a patronal hostaleira de pagar salarios máis baixos que hai tres anos
Por Anxo Lourido |
-
8M | A CIG defende na rúa que as mulleres non paguen as consecuencias da crise
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A CIG conmemorará o Día da Clase Obreira Galega con mobilizacións
Por Redacción |