Atropelan un paseante ante o campo de fútbol de Vilalonga
Por Redacción
Un home foi atropelado á altura do Campo de Fútbol de Vilalonga no concello de Sanxenxo. Os servizos sanitarios de urxencia, segundo informou o Centro de atención de emerxencias 112, trasladaron a vítima ata o Hospital Domínguez con feridas de consideración.
Ata o lugar trasladáronse axentes da Garda Civil, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local, ademais tamén se alertou ao servizo de Emerxencias de Sanxenxo.
O suceso produciuse minutos antes das 18:15 horas, cando as chuvias do temporal dificultaban a visibilidade.