Unanimidade na Corporación provincial para sacar adiante o Plan Pon2030
Por Oskar Viéitez
O Pleno da Deputación aprobou este luns co apoio de tódolos grupos políticos o plan PON2030, unha nova convocatoria extraordinaria de grandes obras de infraestruturas e dotacións municipais (22 millóns de euros).
Por unanimidade aprobárose tamén as axudas extraordinarias para apoiar aos concellos que sufriron os temporais do pasado Nadal (2,7 millóns), o comezo das obras de restauración do convento de Santa Clara para incorporalo ao Museo de Pontevedra (7 millóns de euros) e un millón de euros para reforzar o investimento na mellora da seguridade viaria na rede provincial de estradas (1 millón de euros).
O consenso sobre esta iniciativa do Goberno provincial en apoio aos concellos converteuse no protagonista dunha sesión plenaria extraordinaria que durou un cuarto de hora.
O PON2030 é a quinta gran convocatoria para obras municipais extraordinarias destes últimos dous mandatos achegando un importe máximo dun millón de euros por concello e co tope do 90% da convocatoria do Plan Concellos 2022-23, e fixa un prazo de execución para as actuacións ata o 30 de abril do ano 2025.
A gran novidade deste PON2023 consiste en que, ademais de posibilitar a rehabilitación ou construción de novos equipamentos municipais ou actuacións sobre o espazo público, faculta tamén aos concellos para financiar iniciativas que teñan que ver co cumprimento da lei estatal 7/2022 sobre reciclaxe dos residuos e contribución á economía circular.
Relacionadas:
-
57 concellos da provincia presentaron proxectos ao programa PON2030 da Deputación
Por Redacción |
-
O Concello de Vilaboa transformará o antigo local do Picho nun centro social e de maiores
Por Oskar Viéitez |
-
PON 2030, o novo plan da Deputación para "dotar de recursos extraordinarios aos concellos"
Por Oskar Viéitez |