Unha semana de estrelas no CIFP Carlos Oroza
Por Redacción
Esta semana desenvolveranse no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Carlos Oroza de Pontevedra dous servizos de restaurante gourmet con estrelas Michelín co alumnado de segundo de ciclo medio de cociña e gastronomía e 1º e 2º de Servizos en Restauración.
Dunha parte, repiten a experiencia do curso pasado coa visita dos exalumnos José Bértolo González e Gabriel Vázquez Búa, xefes de cociña e sala respectivamente en Casa Solla. Ambos, dirixindo ao alumnado de 2º de Cociña e Gastronomía A e 2º de Servizos en Restauración, ofrecerán o martes día 7 de marzo aos comensais do restaurante deste centro de formación, o Álvaro Cunqueiro, un menú co sello Solla e ao estilo do decano restaurante galego laureado con estrela Michelín, no que o exalumnado desenvolve a súa profesión.
Pilar Tallón, vicedirectora do CIFP Carlos Oroza "resaltar a colaboración especial que este servizo significa para o noso centro, xa que estes dous alumnos representan a formación de base que ofrecemos, as primeiras pinceladas de aprendizaxe sobre o que eles posteriormente cincélanse como profesionais, mellorando e afianzando as súas competencias. Alumnado Oroza que volta á súa casa para colaborar co centro na formación dos futuros profesionais aportando o seu saber facer, a súa experiencia e a súa empatía co actual alumnado".
Por outra banda, o xoves 9 de marzo e por primeira vez no Carlos Oroza, o chef cambadés Yayo Daporta xunto á sumiller Esther Daporta, responsables do establecemento cunha estrela Michelín Restaurante Yayo Daporta, toman os mandos do restaurante de prácticas para dar o servizo aos comensais do mesmo xunto ao alumnado de 2º de Cociña e Gastronomía B e 1º de Servizos en Restauración. Todo un reto para os equipos de alumnado participante, ser dirixidos por dous profesionais da talla e a traxectoriaa dos irmáns Daporta, e unha nova experiencia práctica para as súas mochilas formativas.
O restaurante Yayo Daporta abriu as súas portas no ano 2005 e o seu chef, Yayo Daporta, no seu día tivo o recoñecemento de ser o cociñeiro máis xoven do país en acadar unha estrela Michelín. Formou parte do xurado do programa de televisión Top Chef, o que lle abriu portas da popularidade noutras zonas de España á súa cociña e á vila de Cambados.
A súa irmá Esther é unha das mulleres referentes da hostalaría para o alumnado do Carlos Oroza. Forma parte do xurado fixo do concurso de sumillería desde a súa primeira edición, e compartiu cada unha das edicións do mesmo, amosando o seu apoio incondicional a esta iniciativa para fomentar o perfil de sumiller entre o alumnado das escolas de hostalaría. Esther volverá a formar parte do xurado do concurso a próxima semana, na que o CIFP celebrará a IX edición, os días 16 e 17 de marzo nas bodegas Martín Códax de Cambados.
"Agradecemos infinitamente o tempo que estes profesionais adicarán ao noso alumnado, aportándolles outras perspectivas sobre o desenvolvemento dun servizo real no restaurante de prácticas, compartindo os seus coñecementos e participando na formación dos futuros profesionais da hostalaría da comunidade", dixo Pilar Tallón.
Relacionadas:
-
O alumno de hostalería con maior destreza en cervexa está no Carlos Oroza
Por Redacción |
-
O CIFP Carlos Oroza presenta programas infantís de cociña e unha impresora 3D de alimentos
Por Oskar Viéitez |
-
A adega Martín Codax será a sede do IX Campionato de Sumillería Suso Domínguez
Por Álvaro Arosa Barco |
-
As vendedoras do Mercado de Abastos dan a coñecer as súas vidas e visibilizan o seu labor
Por Redacción |
-
O reto de levar á casa un menú de entrante, prato principal e sobremesa por seis euros
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
"O ciclo do sabor", unha experiencia gastronómica de produtos gourmet no IES Luís Seoane
Por Redacción |
-
A Deputación e a Xunta xa están a falar da transferencia dos equipamentos educativos de Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |
-
O Carlos Oroza intégrase na nova rede estatal de excelencia de formación profesional
Por Oskar Viéitez |