Meis mellora as condicións da ruta da Pedra e da Auga e da Aldea Labrega
Por Oskar Viéitez
A alcaldesa de Meis, Marta Giráldez informou dos traballos de acondicionamento que o Concello está a acometer na Ruta da Pedra e da Auga.
Son unha tarefas que o Concello ven repetindo nos ultimos anos tras as escorrentías causadas polas choivas.
A alcaldesa explicou que "estamos en fase de contratación da rehabilitación do bar que está na zona de esparcimento en San Martiño, á vez que desde a Mancomunidade sacaremos a licitación as obras do Plan Xacobeo" que se financiará con fondos europeos Next Generation, cos que rehabilitarán os valados, a zona de mesas na área recreativa e a reposición de farois.
Tamén rehabilitarán os muiños cuxos tellados están danados polo paso do tempo e farán reformas na Aldea Labrega.
Precisamente, estes dias, con motivo destas licitacións que están a piques de saír, e doutros proxectos de futuro, Marta Giráldez visitou varias veces os muíños, "nos que ainda quedan algunhas pegadas do pasado recente, aquel pasado nos que algúns e algunhas usaban estes bens do noso patrimonio, do patrimonio de todos e de todas, como o seu "furancho" particular para cuchipandas e festas de todo tipo. Agardo e desexo que non se volva repetir".