Louzán tamén emite a súa 'Mensaxe de Nadal'
Por Redacción
Non só o Papa ou o Rei emiten as súas mensaxes de Nadal, mandatarios e responsables políticos de toda condición aproveitan estes días para lanzar os seus discursos. Tamén o presidente da Deputación, Rafael Louzán, se animou este ano a difundir o seu no que fai balance do 2013 e transmite os seus mellores desexos para o ano que empeza.
A canle elixida polo presidente é a rede social Youtube. A través da conta subscrita pola institución provincial publícase esta felicitación do Nadal: