Zafarrancho de limpeza na rúa da Abundancia
Por Redacción
A Concellaría de limpeza viaria, xestionada por Raimundo González, continúa esta semana cos zafarranchos de limpeza na rúa da Abundancia, en ambas marxes.
Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do mércores 1 de marzo.
A zona de estacionamento estará valada dende a tarde do mércores prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.
A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de toda a veciñanza e tamén dos condutores para garantir un bo resultado.
Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.
Relacionadas:
-
Prohibido estacionar na desembocadura do Gafos a partir da tarde do mércores por tarefas de limpeza
Por Redacción |
-
O Concello volverá licitar o contrato da xestión de residuos ao estimarse o recurso dunha empresa vinculada a Cáritas
Por Oskar Viéitez |
-
Operación de limpeza na avenida Josefina Arruti
Por Alba Feijoo Alonso |