Os socialistas instan a Deputación a axilizar os convenios sobre servizos sociais
Por Redacción
O grupo provincial do PSdeG-PSOE presentou para o seu debate no pleno da Deputación que se celebrará este venres 27 de decembro, unha moción na que esixe o goberno provincial que "axilice ao máximo a tramitación dos convenios de servizos sociais cos concellos" para que non vexan paralizados os seus servizos.
Na provincia de Pontevedra son 53 os concellos de menos de 20.000 habitantes que asinan estes acordos coa institución provincial.
Santos Héctor asegura que os atrasos na tramitación dos distintos plans son algo "habitual"
O secretario provincial do PSdeG-PSOE, Santos Héctor, xustifica esta moción explicando que no ano 2012 o goberno da Xunta decidiu cambiar o sistema polo cal se financiaban os servizos sociais nos concellos galegos. Ata ese momento os concellos acordaban coa administración autonómica a colaboración económica coa que financialos. Pero a partir dese momento optouse porque fosen as deputacións as que, tras un acordo coa Xunta, asinaran eses acordos cos concellos de menos de 20.000 habitantes.
Santos Héctor asegura que os atrasos na tramitación dos distintos plans son algo "habitual" e os situou en "máis de seis meses pola burocracia propia da Deputación", o que xera un problema "moi grave".
A moción esixe que o goberno provincial "fixe xunto coa aprobación dos presupostos anuais da Deputación as cantidades que dispoñerá cada concello para cofinanciar os servizos sociais".