Quince vídeos de divulgación científica recollen a esencia do ciclo pontevedrés 'A Foto 51'
Por Anxo Lourido
A canle de Youtube do Concello de Pontevedra permite ver desde este domingo as charlas científicas do ciclo 'A Foto 51', ademais do concurso de Nanocharlas, que se celebrou con motivo deste ciclo promovido pola Concellería de Cultura.
Trátase de quince vídeos que recollen as conferencias ofrecidas por divulgadoras no Teatro Principal a fin de semana do 10 de febreiro.
Na canle atópase desde a intervención da matemática, Elena Vázquez Cendón, premio María Josefa Wonenburger 2022, na xornada inaugural, ata as diferentes propostas realizadas por científicas como Paula Otero, África González, Sandra Román, Iria Veiga, Olalla López ou Laura Veiga.