O Concello e a Deputación de Pontevedra acordan telefónicamente un Plan de iluminación
Por Oskar Viéitez
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acordaron dotar de iluminación o treito comprendido entre a Ponte de Monte Porreiro e a rotonda da rúa Médico Ballina.
Unha simple chamada telefónica entre ambos os dous mandatarios foi suficiente para que resolvesen unha queixa veciñal "que era lóxica e sensata", explicou Louzán.
"Chamei ao alcalde de Pontevedra e se mostrou receptivo", dixo o presidente provincial "a que entre as dúas institucións se poña en marcha un Plan de iluminación".
O Plan acometerase en dúas fases:
- Dende a ponte de Monte Porreiro ata o mosterio de Lérez.
-
Dende a rotonda de Campolameiro, fronte ao mosteiro de Lérez ata a rotonda de Médico Ballina.