O Grove contratará 19 persoas co Plan Concellos da Deputación
Por Redacción
O Concello do Grove contratará 19 persoas desempregadas grazas ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Esta oferta irá destinada a persoas inscritas no servicio público de emprego e respetarán a preferencia na contratación dos colectivos mais desfavorecidos, a través da Liña 3 Emprego.
Os postos que ofrecen corresponden a 6 peóns de obras públicas, 5 peóns forestais, 2 peóns de xardinería, 2 condutores, 2 auxiliares administrativos, 2 animadores socioculturais. Todos con contrato por 6 meses a xornada completa.
As ofertas tramitaranse a través da oficina de emprego do Servizo Público de Emprego e buscan reforzar os servizos municipais para execución de diversas obras e servizos de recuperación de zonas degradas, traballos recuperación mobiliario urbano, espazos forestais, mellora no servizos administrativos e culturais tanto na zona urbana como rural.
O obxectivo, segundo o Concello, "é ter preparados os recursos municipais para o verán nunha localidade turística como é O Grove".