Rebaixan de oito a seis anos de prisión a pena dun condenado que abusaba continuadamente da filla da súa parella
Por Redacción
A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra analizou seis solicitudes de revisión de penas a condenados por delitos sexuais atendendo á polémica Lei de garantía integral da liberdade sexual, coñecida popularmente como a Lei do 'só sei é si'.
O tribunal decidiu rebaixar as penas en dous dos seis casos. Nos outros catro entende que a nova lei non supón un beneficio para o condenado porque o castigo aumentou ou é o mesmo ao atoparse dentro dos límites fixados na nova lei.
Dentro dos casos de revisión, nun rebaixou a pena de seis a catro anos imposta a un home que agredira sexualmente unha menor no exterior dunha discoteca no municipio de Tui e que aceptara a condena recoñecendo os feitos. Segundo recolle o tribunal no auto, a entrada en vigor da nova lei establece unha rebaixa no castigo dese delito sexual dos seis aos catro anos de prisión.
Tamén se produciu unha rebaixa no caso dun condenado que abusara da filla da súa parella. Neste caso, a redución é de oito a seis anos de prisión. O home foi sentenciado como autor dun delito de abuso sexual do artigo 183.1 do Código penal por un delito de abuso sexual continuado. A pena de prisión coa que se castiga este delito coa nova lei é de seis a doce anos. Este cambio normativo provocou que a pena míima non sexa de oito anos, senón de seis, "razón pola que resulta máis favorable para o reo", indica o tribunal da sección segunda na resolución. Neste caso, o procesado entraba no dormitorio da menor coa escusa de darlle as "boas noites" mentres a nai atopábase durmida e realizaba, varias veces cada mes desde finais do 2017 ata setembro de 2018, tocamentos á menor de idade contra a súa vontade, segundo relata a sentenza.
CASOS DESESTIMADOS
Entre os outros catro casos nos que o Tribunal considera que non se pode aplicar a revisión de pena figura a sentenza de quince anos de prisión imposta a un autor dun delito continuado de agresión sexual na modalidade de violación coas agravantes de actuación conxunta de dúas ou máis persoas, con especial vulnerabilidade da vítima.
Tamén se desestimaba a revisión no caso dunha pena de 14 anos de prisión por agresión sexual a unha muller de 92 anos en Vilagarcía de Arousa.
Relacionadas:
-
A Audiencia Provincial de Pontevedra rebaixa as penas impostas a dous condenados por delitos sexuais
Por Oskar Viéitez |
-
A Audiencia de Pontevedra rexeita dúas novas solicitudes de revisión de condenas por delitos sexuais
Por Oskar Viéitez |
-
Rebaixan a pena a un pai condenado por violar ás súas fillas adolescentes en Marín
Por Natalia Puga |
-
Chega á Audiencia un novo caso de abuso sexual dun home á filla da súa parella
Por Oskar Viéitez |
-
Un mozo acepta seis anos de prisión pola agresión sexual a unha menor de 16 anos á saída dunha discoteca
Por Natalia Puga |