Pontenadal amosa a mellor artesanía da provincia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52b47a797a6b8-004.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52b47aaded435-005.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52b47b1b66b52-007.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52b4899b8d7d7-dscn5956.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
A carpa de Pontenadal, situada na Praza do Teucro, abriu as súas portas este venres 20 á mellor artesanía e produtos de regalo da provincia. 34 postos recollen pezas elaboradas con, entre outros produtos, coiro, cerámica ou tecidos. Xunto a estes produtos de orixe galega tamén se poden mercar pezas doutras autonomías como navallas de Taramundi (Asturias) ou láminas ilustradas con definicións de diccionario procedentes de Zaragoza.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, acompañados polos concelleiros do PP, Jacobo Moreira e Ana Isabel Vázquez, percorreron a instalación e paráronse posto por posto para comentar os produtos que ofrecía cada un dos expositores.
O alcalde mostrou especial interese polo posto de Ibérica de esponxas vexetais, unha empresa de Caldas de Reis que repite nesta Feira ofrecendo un produto de fibra natural obtido a través cultivos realizados en pequenos terreos de Galicia. Os seus produtos son demandados por empresas de automoción como Citroën.
Fernández Lores e o resto de concelleiros tamén se pararon no posto do Rei Zentolo onde o alcalde preguntou ao dependente polos preservativos de licor café que tanto éxito obtiveran na pasada edición de Pontenadal. Este ano, non obstante, a empresa decidiu non levar o produtor á Feira e céntrase sobre todo na presentación da camiseta co lema 'Marcho que teño que marchar'.
As concelleiras Carlota Román e Ana Isabel Vázquez interesáronse polos recipientes de Touba Artesanía e por diferentes artigos de roupa e bisutería expostos na capa.
O presidente do centro comercial urbano Zona Monumental, Miguel Lago, mostrábase orgulloso de que algúns dos expositores regresasen a esta cita polos bos resultados que obtiveran en anteriores edicións da Feira.
A carpa estará aberta ata o 5 de xaneiro con horario de 11 a 14 e de 17 a 22 horas.