A Deputación anuncia unha convocatoria de bolsas de traballo para personas con discapacidade
Por Redacción
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou este venres que o vindeiro ano a institución provincial sacará unha nova convocatoria de bolseiros para que personas con discapacidade poidan traballar en empresas da provincia.
O proceso será similar ao plan polo que a institución provincial financia perante un ano o traballo de 500 mozos titulados en preto de 400 empresas da provincia. Pero, no caso da convocatoria para personas con discapacidade, no proceso anotaránse primeiro os titulados discapacitados e, despois, en base aos perfiles laboráis que xurdan, definiránse os tipos de empresas pois algún deles non poden traballar en determinado tipo de empresas.
Louzán destacou que a porcentaxe deste tipo de traballadores no plan "será importante" e engadeu tamén que, a marxe dese plan, a Deputación abrirá otra convocatoria no 2014 para outros 500 mozos titulados.
O vindeiro luns, día 30, as preto de 400 empresas que recibirán a 500 bolseiros perante un ano asinarán na Deputación os correspondentes convenios, ainda que algunhas delas, que non poden asistir o luns, xa asinaron hoxe os acordos.