En marcha as obras de restauración do parque infantil de Mollavao
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural acaba de poñer en marcha os traballos de restauración do parque infantil de Mollavao.
O departamento que dirixe Iván Puentes destinou unha achega de 6.000 euros a esta intervención, adxudicada á empresa Eicros Gestión SL.
Entre as obras que se están a executar inclúese o arranxo de todo o valado perimetral da zona de xogos, coa dotación dun novo treito en madeira e o acondicionamento do restante; a reposición de elementos como parafusos e tapóns, e a substitución das cordas en mal estado de conservación.
Ademais, estase a realizar unha limpeza integral do pavimento do parque, coa eliminación de malas herbas e o fresado co chan, co obxectivo de mellorar as condicións de amortecemento.