O alumnado do obradoiro de emprego acondiciona varias sendas en Moraña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O alumnado do obradoiro de emprego "Ulla Umia VI", promovido polos Concellos de Moraña e Valga, están a acondicionar os sendeiros que trascorren polas parroquias de Amil, Rebón, San Lourenzo e xa remataron os traballos na sendas "A Bouza – Grixo " e a de "A Alberguería – Barosela".
Próximamente, continuarán coa mellora da Vía Mariana Luso Galaica.
Este obradoiro deu comezo o pasado 1 de outubro e nel participan 20 persoas, ten unha duración de doce meses e consta de dúas especialidades formativas: forestal e carpintería.
Nas súas clases prácticas están a recuperar os antigos camiños, e neste senso fan rozas e limpezas da propia ruta e dos ríos.
Estes días o alumnado está a traballar na senda na parroquía de Rebón, a carón do Rego da castañosa e Rego Gundeiro. Ata alí foi de visita o alcalde de Moraña, José Cela xunto coa directora do obradoiro, María del Carmen Vidal.