Da Comisaría a Cáritas para facer máis boas de levar as festas
Por Redacción
Os axentes da Policía Nacional que exercen en Pontevedra, Marín e Vilagarcía e o persoal dos Corpos Xerais do Estado adscritos á Comisaría Provincial fixeron o seu particular achega para "favorecer as persoas máis desfavorecidas" e facer máis levadeiras as festas do Nadal.
Como xa realizaron en anos anteriores, este 2013 o Sindicato Unificado de Policía (SUP) organizou unha recollida de alimentos no que durante todo o mes de decembro os funcionarios entregaron preto de 300 quilos de comida. Este venres 20 de decembro doaranos a Cáritas.
O representante do SUP en Pontevedra, Luis Calvo, explicou que nesta campaña se pediu aos policías que entreguen os alimentos dos que máis necesitados están en Cáritas actualmente: cacao en po, tomate frito, aceite, galletas, pasta ou arroz.
Os doadores responderon de forma satisfactoria e a sede do sindicato encheuse destes produtos non perecedoiros. Tamén houbo quen levou algún xoguete, todos novos ou en bo estado de conservación.