A Brilat desprega o seu armamento pesado en Figueirido
Por Oskar Viéitez
Os montes de Figueirido acollen estes días o despregamento do armamento pesado do Grupo de Artillería de Campaña VII da BRILAT.
Os militares están a realizar actividades de recoñecemento, topografía, telemetría e meteoroloxía.
Segundo comunicaron fontes oficiais do Cuartel Xeral Forza Terrestre do Exército de Terra, este tipo de exercicios "son fundamentais para que a liña de pezas poida entrar en posición e realizar unha acción de lume en apoio directo ás Unidades".
O pasado mes de novembro, a Brigada "Galicia" VII (BRILAT), como Unidade de referencia para a preparación na capacidade de combate en bosques,co obxectivo de formar aos cadros de mando. Para iso contouse co apoio doutras unidades do batallon de infanteria protexida "San Quintín" e do batallón de zapadores VII.
Os contidos incluíron sesións teóricas, prácticas e exercicios de simulacion. Impartíronse prácticas de xalonamento, recuperación de vehículos e franqueamiento de obstáculos, cruzamento de cursos de auga, probas reais de efectos balísticos en contorna boscosa, vida e movemento, fortificación, emprego dos recursos da contorna, incluíndo supervivencia e conceptos e exercicios tácticos. Ao final das xornadas realizouse un xuízo crítico e un acto de clausura.