Xa é Nadal na Praza de Abastos
Por Redacción
A Praza de Abastos de Pontevedra estrea decoración de Nadal. Quince alumnos do módulo de Dinamización Comercial do obradoiro de emprego de Monte Porreiro foron os encargados deste proxecto, que consistiu na colocación de elementos decorativos e interactivos co público.
O proxecto incluíu elementos decorativos como paraugas colgados do teito, guirnaldas sobre as bancadas de peixe, bolas de Nadal, caixas de regalos, forrado en cores alegres das columnas centrais, siluetas nas paredes, uns renos elaborados en material reciclado, caixas de correos para os Reis Magos e, por suposto, unha árbore de Nadal.
Ao tempo colocáronse dous 'photocall' no andar baixo e no primeiro andar para que os clientes da praza podan levar un recordo simpático.