"Todo o que é o concello de Poio hoxe débese ao proxecto nacionalista do BNG", asegura Marga Caldas
Por Oskar Viéitez
A candidata do BNG á Alcaldía do Concello de Poio, Marga Caldas. presentou este venres nos xardíns do Casal de Ferreirós a súa precampaña das eleccións municipais do próximo 28 de maio.
Co lema "Marga Caldas escoita" a candidata nacionalista empeza unha xira por todo o municipio con "ilusión e compromiso" para reunirse coa cidadanía "porque quero que cada un dos veciños e veciñas de Poio formen parte do proxecto de futuro do BNG e do proxecto de futuro de Poio".
"Por iso imos facer estas charlas de escoita" onde se quere reunir con todos veciños deste concello "desde a parroquia de San Salvador ata a parroquia de Raxó sen esquecernos de ningún lugar".
Marga Caldas afirmou que "hoxe Poio ten a calidade de vida que lle permite ser un concello en crecemento, xerador de emprego e con espazos verdes recuperados". Segundo asegurou "todo o que é o concello de Poio hoxe débese ao proxecto nacionalista do BNG".
Agora, o BNG quere "dar un novo pulo" ao concello para "avanzar cara un novo proxecto de futuro" que "resolva as novas problemáticas dos nosos veciños".
"Queremos chegar a cotas máximas na calidade de vida de todas as persoas que vivan en Poio ou de todas as persoas que decidan vir vivir ao noso municipio" e por iso, conclúe, "para o BNG o importante sempre foron as persoas e os nosos proxectos sempre partiron das necesidades reais da xente". "Hoxe Poio é un lugar no que todo o mundo quere vivir", asegura Marga Caldas.
Relacionadas:
-
Marga Caldas presenta o equipo co que aspira a ser a primeira alcaldesa na historia de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Luciano Sobral pecha unha candidatura do BNG de Poio chea de "forza, ilusión e capacidade"
Por Oskar Viéitez |
-
Ángel Moldes presenta o seu proxecto 'Vamos Poio' para aspirar á alcadía
Por Redacción |
-
Gregorio Agís, presentado como candidato do PSOE en Poio: "Queremos a alcaldía"
Por Diego Espiño |