O acordo de mellora da contorna portuaria de Raxó, cun orzamento de 900.000 euros, será aprobado no pleno de xaneiro
Por Redacción
Unha vez que o 11 de xaneiro o Concello de Poio recibiu o convenio para reformar a zona portuaria de Raxó cos informes xurídicos correspondentes de Portos de Galicia, xa se pode debater e someter a aprobación este acordo entre ambas as institucións no pleno deste mes de xaneiro, segundo informan desde o goberno local.
Trátase dunha intervención que realizará Portos de Galicia cun orzamento que supera os 900.000 euros. O Concello asume o 30% do investimento.
Gregorio Agís, concelleiro de Urbanismo, lembra que este procedemento iniciouse no verán de 2022 e desenvolvéronse diferentes procedementos administración para a súa aprobación definitiva.
A proposta inicial de Portos de Galicia situábase en 600.000 euros para afrontar a humanización da zona. O goberno local en colaboración co tecido asociativo de Raxó propuxo unha ampliación da zona de actuación e agora amplíase ata a conexión coa estrada PO-308.
"A mellora integral terá o mesmo tratamento desde o propio porto ata a estrada autonómica e farase un uso de elementos e acabados que dignifiquen e poñan en valor toda a contorna, con acabados en pedra", afirma Agís.
Relacionadas:
-
O Pleno de Poio aproba o convenio con Portos para a mellora integral da contorna do peirao de Raxó
Por Redacción |
-
Poio fai un balance positivo da aplicación de atención de incidencias
Por Redacción |
-
A urbanización do vial do porto de Raxó custará 640.000 euros e o Concello pagará un 30%
Por Redacción |
-
O Concello de Poio agarda polo visto bo dos técnicos para asinar o convenio do porto de Raxó
Por Oskar Viéitez |
-
Acordo entre a Xunta e o Concello para humanizar o porto de Raxó
Por Redacción |