Os Alegres recordan a festividade da patroa de Pontevedra, a Virxe da O
Por Redacción
Pontevedra celebra este mércores a festividade da patroa da cidade, a Virxe da O.
A Concellería de Festas, que dirixe Carme da Silva, anuncia que esta celebración contará con bombas de palenque, dianas e alboradas a cargo do grupo de música tradicional pontevedresa Os Alegres, que realizaron tamén, un pasarrúas polo centro urbano durante a xornada.
Santa María da O, tamén coñecida como Virxe da Esperanza, Virxe encinta, Virxe da Divina Enfermeira ou Virxe da O, represéntase cunha imaxe dunha muller embarazada. A razón do nome "O" é a exclamación admirativa "oh" que aparece nas sete estrofas de Vésperas que preceden ao Nadal.
Na igrexa de San Bartolomé, podemos ver esta imaxe nun retablo do século XIX. Este templo parroquial celebrará ás 18.30 horas unha misa na honra da tamén Patroa da Asociación de voluntarios de Protección Civil de Pontevedra.