Unha muller sofre queimaduras nas mans no incendio da súa cociña
Por Redacción
Unha muller tivo que se trasladada ao hospital para ser atendida polas queimaduras sufridas nas mans no incendio da súa cociña.
O incendio rexistrouse sobre as 14.30 horas nun edificio da rúa A Estrada de Pontevedra. Un veciño alertou ao Centro de Atención de Emerxencias de Galicia-112 de que saía moito fume dunha vivenda.
Os Bombeiros de Pontevedra acudiron ao lugar e encontráronse con que se producira un incendio na campá extractora dunha cociña.
A propietaria xa sufocara o lume cun extintor caseiro. A raíz do incidente, e por motivos que se descoñecen, a muller sufriu feridas por queimaduras nas mans e tivo que ser trasladada nunha ambulancia.