Os apalpadores xigantes percorren a cidade e os elfos agóchanse no Gafos
Por Redacción
Un Apalpador xigante percorría o centro da cidade ao redor do mediodía deste martes 3 de xaneiro dentro da programación de Nadal.
Ao ritmo da música da compañía Nelson Quinteiro, o personaxe que concede agasallos do Nadal na tradición galega saudaba a escolares e adultos ao seu paso pola praza da Peregrina.
Ao mesmo tempo, na contorna do río dos Gafos celebrábase o Parque Aventura coa actividade de procura dun elfo de Nadal, que tras un intenso seguimento, lograron atopar.
Esta actividade promovida pola concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural quere animar ás familias para realizar actividades lúdicas e pedagóxicas.