Tentan liberar un pato atrapado cunha arandela de plástico
Por Redacción
Durante este sábado varios pontevedreses trataron de capturar a un pato para liberalo dunha arandela de plástico que ten encaixada entre o pico e o pescozo.
O animal atopábase pola zona de Barcelos, pero tamén foi visto na desembocadura do río dos Gafos.
Trátase dun ánade real, ánade azulón que, curiosamente, tamén é coñecido como pato de colar.
A noticia lembra a importancia de cortar os aneis de plástico para que, se se refugan non poidan atrapar animais como leste.