EC Casas executará a humanización e mellora de servizos básicos en Arén
Por Redacción
Nas vindeiras semanas darán comezo os traballos para acometer a humanización e mellora do núcleo de Arén, na parroquia de Samieira, o proxecto foi adxudicado esta mesma semana á empresa EC Casas, logo de que a tramitación se completase tras recibir o visto bo da Xunta de Goberno Local.
O orzamento total ascende a un total de 329.926 euros, que se financian a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, na súa convocatoria de 2022.
O concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, Gregorio Agís salienta o cambio que vai experimentar o lugar de Arén unha vez finalicen os traballos, con mellores servizos básicos e accesibilidade e mobilidade universal, ao mesmo tempo que se pon en valor este espazo.
"Estamos a falar dun proxecto moi completo e ambicioso, que abarca unha zona moi ampla, incluíndo os camiños da Coita, Roeiro, Real de Arén e Souto de Arén e que suporá unha mellora substancial da mobilidade, servizos e da calidade de vida dos e das residentes deste núcleo", indica o edil.
O núcleo pasará a contar cunha nova superficie de empedrado, cun aspecto máis tradicional, ademais de novas redes de recollida de pluviais, saneamento e abastecemento. Renovaranse as canalizacións e tamén se instalarán naqueles puntos que carecen das mesmas.
Esta actuación súmase a outras xa en proceso de tramitación que tamén servirán para "mellorar e poñer en valor a parroquia de Samieira", como a rehabilitación da antiga escola unitaria de Arén, a recuperación de espazos en Tarrío ou a conexión da ruta dos muíños co Laño, entre outras.
Relacionadas:
-
EC Casas acometerá a integración ambiental na contorna da antiga escola unitaria de Tarrío
Por Redacción |
-
Moción aprobada por unanimidade para reclamar á Xunta a reforma da PO-303 en Samieira
Por Redacción |
-
Aprobada a primeira fase de creación dunha senda peonil entre os muíños de Samieira e a praia de Laño
Por Anxo Lourido |