Benestar Social destinou unha achega de 15.000 euros a distribuír alimentos entre a poboación durante as festas do Nadal
Por Redacción
A Concellería de Benestar Social destinou unha achega económica de 15.000 euros á distribución de alimentos entre a poboación máis vulnerable de Pontevedra durante as festas do Nadal.
Rexurdir Provincial, o Comedor de San Francisco, Cáritas, a Asociación O Mirador de Monte Porreiro e o Banco de Alimentos foron as cinco entidades beneficiarias desta iniciativa, desenvolvida grazas á colaboración da firma Supermercados Froiz.
Tal e como explica o concelleiro socialista Marcos Rey, "coa finalidade de reforzar as accións impulsadas desde a Concellería de Benestar Social e de axudar a que aqueles que máis o precisan poidan pasar unhas mellores festas, acordamos a contratación de 15.000 euros en alimentos a Supermercados Froiz".
"Estes produtos alimenticios están a ser repartidos entre as entidades beneficiarias en locais previamente concertados con Froiz", sinala Rey.
Relacionadas:
-
Rexurdir Provincial asina un convenio co Sergas de 27.000 euros para atención xurídico social
Por Redacción |
-
Benestar Social garante que o protocolo de frío vai manterse mentres continúen as baixas temperaturas
Por Redacción |
-
Un menú 'dúas estrelas' para a Noiteboa do comedor social de San Francisco
Por Alejandro Espiño |
-
A Semana da Solidariedade de Marín recolle unha tonelada de alimentos
Por Redacción |
-
Buscan novos retos solidarios para 2023 tras recadar 6.068 euros para Autismo BATA
Por Redacción |