Inician a destrución de máis de 1.440 de documentos sen valor do Concello de Pontevedra
Por Redacción
O Concello de Pontevedra comezou a destrución de máis de 1.440 de documentos sen valor.
Durante o verán, foi realizada unha comisión cualificadora de documentos municipais, a primeira da súa historia, co fin de comezar a liberar espazo nas dependencias municipais, destruíndo arquivos de nulo valor fiscal, xudicial e documental. Esta semana, foron realizadas as primeiras eliminacións.
Segundo os criterios fixados pola comisión, estes documentos non teñen valor de ningunha clase, polo que a súa destrución pode ser realizada de acordo cos informes elaborados polos funcionarios do arquivo municipal. Son milleiros de folios e centos de caixas que permitirán gañar un valioso espazo nas dependencias municipais.
Os documentos que foron eliminados e que continuarán a ser destruídos nos vindeiros días, recollen ás plusvalías e o imposto de circulación de vehículos, os primeiros entreos anos 1961 e 1999, e os segundos entre os anos 1967 e 2004.
O Concello si gardará un par de expedientes como exemplo documental destas series co fin de deixar constancia da súa estética, dun xeito máis anecdótico e histórico que de utilidade xudicial ou fiscal.
Relacionadas:
-
Máis de 720 caixas de expedientes administrativos de persoal e de multas do Concello serán destruídas
Por Redacción |
-
O 75% do arquivo municipal de Pontevedra xa se atopa dixitalizado
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra depura o seu arquivo municipal para eliminar documentos sen valor histórico
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |